Trátase dunha torre, do século XII, de planta cadrada en estado semirruinoso, de orixe medieval, á que se pegou posteriormente o pazo que consta dunha planta cuadrangular que data do século XVII. Pódese considerar como o conxunto torre - pazo máis representativo de A Estrada. O primeiro propietario foi Villar de Payo Muñiz. A edificación é de planta baixa e teitos abovedados con pedra labrada. A torre carece de teito pero a súa altura é de entorno a 15 metros e os seus muros son grosos. Ten seteiras por todos os lados e na parte superior de cada ángulo a figura dun canón en pedra saínte. Sobre a porta principal atopa un escudo onde se ven dúas inscricións que din "Villar" e baixo o frontón circular un escudo ben labrado coas armas de "Villar". Esta edificación sufriu un incendio, pero actualmente tanto a torre, como a masa forestal de carballos e castiñeiros que o rodean, están sendo rehabilitados e recuperado.