Ruta Frei Martín Sarmiento - CERDEDO

A Ruta FREI MARTÍN SARMIENTO é un carreiro circular clasificado como de pequeno percorrido, cunha distancia total de 11 Km 846 m, tendo o seu punto inicial e final no centro urbano de Cerdedo, para dirixirse ao Monte Seixo que é a parte máis alta.(Desnivel ascendente 405m / Desnivel descendente 400m). Dificultade media.

Comeza pois este carreiro, na rúa dá Torrente e baixa por unha antiga calzada mediaval, onde se atopa o Río Castro, que cruzamos a través da Ponte romana de San Antón, para chegar á capela do mesmo nome e ao cruceiro, seguidamente dirixirémonos á aldea de Lourido, nesta subida entre antigos muros de pedra, atopámonos nun frondoso bosque autóctono de carballos e castiñeiros, o que fai desta zona un lugar paradisíaco e cunhas impresionantes vistas panorámicas.

Ao chegar a Lourido, aldea coas típicas vivendas de pedra do rural galego, horreos, eirado e capela de Sta. Catalina (S. XVIII), comezamos a baixar cara á aldea da Revolta por un camiño sombrío e moi agradable para o paseo e goce da natureza e chegamos ao lugar de Cabenca onde temos dúas opcións: unha por un camiño entre os campos, e outra polo medio da aldea destacando nesta, dous carballos centenarios e tamén segundo a lenda popular a casa onde foi procreada Rosalía de Castro; ao final da aldea atopamos a Capela de San Salvador (S.XVI). Seguimos o camiño cara á aldea deMeilide, neste tramo destaca a ponte que cruza o Río Sillar que xunto coa vexetación de ribeira, fan un fermoso percorrido. Pero o que realmente destaca é a casa na que habitou Frei Martín Sarmiento, acabando o tramo na Capela da Virxe de Loreto (S XVIII). Seguimos ascendendo ata chegar ao lugar de Carballás, situado preto da cima do monte Seixo, típico lugar do rural galego, que nos dá unha idea das difíciles condicións de vida que sufriron os nosos antepasados e as duras condicións climatolóxicas. Nesta aldea destaca o Cruceiro da Capela, a capela da Inmaculada Concepción e unha fonte que favorece un alto no camiño. Chegado a este punto, comezamos o descenso cara á aldea de Barro e desta, a Arén, neste tramo é de destacar a vexetación, e os antigos camiños. Xa na aldea de Barro atopámonos con dous lavadoiros con fonte, hórreos e en Arén se nos desviamos un pouco pódense visitar tres antigos muíños. Desde aquí seguimos un camiño por un tramo entre os campos e chegamos a Ponte Piñoa para dirixirnos ao Area recreativa e seguidamente subir ao conxunto arquitectónico compuessto por: igrexa de San Xoan Bautista, cemiterio, cruceiro, praza e casa reitoral, o que pon fin a esta fermosa ruta.


Fuente: cerdedo.org

Características de Rutas á natureza

  • Recorrido Circular
  • Distancia de todo o recorrido 11 km.
  • Nivel de dificultade Medio