Ponte Románico de Pontevea - A ESTRADA

É unha das nobres pontes que marcan o paso do río Ulla e que permitía a comunicación entre o Norte e o Sur de Galicia. Posiblemente fora construído no século XV ou XVI, o que se deduce polas luces das súa bóvedas e a forma dos seus tallamares, triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo. Sufriu reconstrucións importantes no século XVIII. Presenta seis bóvedas de cantaría que se apoian en cinco piares de pedra. Neles aprécianse deformacións respecto á su forma circular.

Esta ponte, tivo moitas reformas e arranxos, o último a principios dos anos noventa, debido a que era a única vía de paso ata que se construíu a nova ponte paralela sobre a que descorre o trazado da actual estrada.