Mirador do Monte Fental - A ESTRADA

É un verdadeiro balcón da maioría das parroquias estradenses, xa que dende este miradoiro asentado nun medio natural pouco manipulado, e localizado nunha área rural, se ven varios tipos de paisaxes. Pero hai que facer fincapé en que dende este miradoiro se pode interpretar o modo de asentamento tradicional da sociedade galega no medio rural; xa que entorno aos asentamentos de poboación, atopan as zonas de cultivos e próximas a estas áreas as masas de arboredo que abastecían a poboación de madeira. Tamén se aprecian como en zonas de maior altitude predominan masas de matogueiras ocasionadas pola acción do home (provocando incendios en busca de novas áreas de cultivo) e o gando que pasta con liberdade por estes montes.