Casa de Recarei – Pazo - A ESTRADA

Actualmente dedicado a Turismo Rural (A Nugalla). Conxunto de varias construcións ao redor dun patio. O edificio principal ou vivenda é de planta rectangular con planta baixa e piso no que se abre un amplo balcón; as ventás, rectangulares a ambos os dous lados; sobre o tellado unha imaxe de pedra que os veciños chaman "A Nogalla de Recarei" Completa o conxunto unha capela anexa, as cortes e a cheminea.