Área de Recreo da Praia Fluvial CERDEDO

A área enmárcase ao lado da praia fluvial, conta con dúas grellas de pedra e con mesas e bancos tamén de pedra, o recinto está pechado por un pequeno muro e está totalmente cuberto de herba. O ámbito é tranquilo, o murmurio das augas e a vexetación, convérteno nun lugar agradable. A vexetación é a típica e autóctona de clima suboceánico e mediterráneo húmido.


Fuente: turismo.gal