Conxunto de casas tradicionais, de plantas irregulares, de planta baixa e mesmo algunha cun piso. Construídas en cachotaría e cadeirado de granito, con cubertas de tella a varias augas. No exterior teñen algunhas unhas escaleiras que dan a un patín ou balconada de acceso ao interior da vivenda. A planta baixa resérvase para os animais e os apeiros de labranza.