Conxunto singular
Conxunto formado por varias construcións de carácter popular, ao pé do Camiño Real e a beiras do río Lérez. Destaca a casa dos Chamosa, con reloxo de sol e dous viraventos no que foi unha solaina con varanda de ferro forxado.