ARTISTA: María do Ceo
XÉNERO: Música, fado.
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 70 min
LINGUA: Galego-portugués
ENTRADA: 5,00€
SINOPSE: En plena celebración das festas do San Martiño, a fadista galego-portuguesa María do Ceo, volve tres anos despois ao Principal para presentarnos o seu novo disco "De Portugal a Galicia, fado". Un concerto no que musicará, ademais de poemas de celebradísimos poetas galegos, un amplo repertorio de fados, coa mestría e sensibilidade de sempre. Unha cita imprescindible para os amantes do fado.